A Muxica
Vén e descobre a auténtica esencia da cociña galega e española en A Muxica, onde a satisfacción do cliente e a súa experiencia culinaria é a nosa máxima prioridade.
Paixón pola boa comida e a hospitalidade
A Muxica é o resultado da mestura de paixón pola boa comida e a hospitalidade, fusionado con anos de experiencia no mundo da restauración. Fundado por Antonio e Nely no ano 1999, un restaurante familiar, resultado dun soño compartido: crear un espazo onde os sabores auténticos da cociña galega e española se atopen cun servizo de calidade e profesional.


Compromiso Gourmet
O noso compromiso coa calidade, xunto coa responsabilidade coa que tratamos os produtos para a preparación dos nosos pratos e o traballo en equipo, son os valores principais que nos definen e polos que tratamos de que a satisfacción dos nosos clientes sexa óptima.
